RESA e o gran mercado das Residencias Universitarias
Enviado por admin1 o Lun, 02/07/2007 - 20:44.
RESA e o gran mercado das Residencias Universitarias
Recibimos hoxe en fírgoa o seguinte correo electrónico:
Moi boas:
Son un estudante da USC e residente na Residencia de Lugo desde hai uns anos. En primeiro lugar, os meus parabéns polo tremendo traballo que facedes día a día en Fírgoa, web que eu descubrín case por casualidade, pero que é realmente boa en cantidade (gustaríame ter tempo para lelo todo) e en calidade.
Quería preguntarvos se sabedes algo sobre as negociacións que, ao parecer, xa están iniciadas (aínda que non se quere recoñecer de forma oficial) entre RESA (Residencias de Estudiantes S.A.) e o SUR (Sistema Universitario de Residencias). Entereime o outro día de que algo anda a bulir nas instancias superiores en canto á privatización deste servizo.
Moitas gracias. Un saúdo.
Pois non, non sabemos nada, e non é en absoluto estraño, porque tales asuntos acostuman a ser levados co máximo de discreción e sixilo a fin de non alborotar aos "conservadores" que se opoñen á privatización dos servizos públicos.
Poñémonos a buscar pola rede, sen moitas esperanzas, a ver se descubrimos algo. E isto foi o que atopamos
Tirado de Fírgoa, a quem temos que dar-lhes as graças uma vez mais polo seu grandíssimo trabalho. Um saúdo para eles. E aqui a ligaçom à notícia completa, mui mui interessante:
http://firgoa.usc.es/drupal/node/36455
Sem comentários:
Enviar um comentário