terça-feira, 24 de julho de 2007

quarta-feira, 4 de julho de 2007

Quem te viu e quem te vê... Viva a LOU...

http://firgoa.usc.es/drupal/taxonomy/term/351

Machiavelli (muito recomendável)

Nota a pé de página de As políticas neoliberais na universidade, de José Carlos Pardo Pérez e Alfonso García Tobía (coords.) As políticas neoliberais na Universidade

Nota nº32 a pé de página:

Un documento altamente clarificador das políticas neoliberais, pola súa crudeza, é o de Morrison (1996), publicado polos servicios de estudios da OCDE. Christian Morrison sinala neste documento que “as políticas de estabilización económica e de axuste poden provocar disturbios sociais, poñer en perigo a estabilidade dos países”, polo que é preciso “definir e precisar as características dun programa de estabilización políticamente óptimo que, para un mesmo resultado, minimice os custos políticos [...] en termos de folgas, manifestacións ou sublevacións [que] son moi diferentes dunha medida de estabilización a outra” (p. 3). Cunha notable claridade e un cinismo cruel, indícanse as estratexias que os gobernantes teñen que despregar para realizar as políticas de axuste evitando os riscos políticos. Unha vez examinadas algunhas opcións “perigosas”, o ideólogo deste organismo de reflexión estratéxica do capitalismo mundial continuaba: “Despois desta descrición de medidas arriscadas, pódense aconsellar, pola contra, numerosas medidas que non crean ningunha dificultade política [...] Se se lles diminúen os gastos de funcionamento ás escolas e universidades, hai que procurar que non se diminúa a cantidade de servicio, aínda a risco de que a calidade baixe. Pódense reducir, por exemplo, os créditos para o funcionamento das escolas ou as universidades, pero sería perigoso restrinxir o número de alumnos matriculados. As familias reaccionarán violentamente se non se matricula aos seus fillos, pero non o farán fronte a unha baixada gradual da calidade da ensinanza e a escola pode progresiva e puntualmente obter unha contribución económica das familias ou suprimir algunha actividade. Isto faise primeiro nunha escola e logo noutra, pero non na do lado, de tal maneira que se evita o descontento xeralizado da poboación” (p. 30).

E ti, como te imaginas na USC?

Una estudiante ourensana gana el primer premio del concurso «Como te imaxinas na USC»


[...]
En la obra premiada destacó «o elemento lírico e os orixinais paralelismos das emocións coas espectativas da vida universitaria», según argumentó el jurado. El objetivo del certamen radica en conocer las preferencias e inquietudes de los estudiantes noveles sobre los distintos aspectos de la vida universitaria para dar respuesta a sus necesidades académicas y profesionales.
[...]

Em: http://www.lavozdegalicia.es/ed_santiago/noticia.jsp?CAT=123&TEXTO=5954022


"Paralelismos das emocións coas espectativas da vida universitaria":

1) Saber que vas ter que peder um empréstito a devolver uma vez rematada a carreira no Banco Santander.

2) Saber que che vam privatizar as residências universitárias.

3) Saber que com os ECTs nom vas ter tempo para a tua educaçom paralela, e o que é mais grave, para trabalhar para poder pagar os estudos.

4) Saber que se devaluam os conteúdos do grau, e que o posgrau nom o poderás pagar (bota-lhe que 2.500€ por ano).


5) Saber que ao rematar o grau, practicamente "nom serás nada". Exemplo, em filosofia só serás "auxiliar de biblioteca".


6) Saber que isso do aumento da mobilidade é um conto, e que o único que vai ter facilidades para transitar por Europa vai a ser o teu expediente, nom ti (senom tes cartos, claro).

7) Saber que na tua democratica universidade se dam Golpes de Xuntas e que a gente eligida um ano decide manter-se nos seus postos um ano mais, sem que mediem elecçons algumas.

8) Saber que na tua bem-querida USC o Galego é uma simples supervivência, usada em actos folklóricos ou litúrgicos.

9) Saber que che quererám cobrar de entre 60 e 120€ por usar uma sala na Faculdade de Ciências da Comunicaçom.


10) Saber que em muitas faculdades nom che deixarám acceder ao local de estudantes (sic), si, de estudantes.


11) Saber que tod@s aquelxs que com o PP no poder tanto protestárom contra a LOU, agora ficam caladinhos.

12) Mas, com tudo, sempre che ficará a satisfacçom de que se és brilhante, Quintanilla chamara-che: "la mejor mercancia"

Para evitar qualquer malentendido, aclarar que isto nom é nada em contra dos ganhadores do concurso, a quem trasladamos os nossos parabéns.

Os partidos nacionalistas galegos e Bolonha

Trás enviar vários e-mail aos distintos partidos nacionalistas galegos, perguntando acerca da sua postura face o Processo de Bolonha, só consegui, de momento, uma resposta, a da UPG. Transcrivo aqui literalmente o que me dixérom:

Estimado X:
Neste asunto tan concreto, como é fixar a posición a respecto do Proceso de Boloña, a opinión da UPG ven determinada pola posición do Bloque Nacionalista Galego, a fronte patriótica onde estamos integrados.
Sen máis, recibe un cordial saúdo nacionalista.

Isso foi tudo. Cada umx que tire as suas conclusons.

terça-feira, 3 de julho de 2007

Privaticaçom das Residências Universitárias Galegas!

RESA e o gran mercado das Residencias Universitarias

RumorRESA e o gran mercado das Residencias Universitarias

Recibimos hoxe en fírgoa o seguinte correo electrónico:

Moi boas:

Son un estudante da USC e residente na Residencia de Lugo desde hai uns anos. En primeiro lugar, os meus parabéns polo tremendo traballo que facedes día a día en Fírgoa, web que eu descubrín case por casualidade, pero que é realmente boa en cantidade (gustaríame ter tempo para lelo todo) e en calidade.

Quería preguntarvos se sabedes algo sobre as negociacións que, ao parecer, xa están iniciadas (aínda que non se quere recoñecer de forma oficial) entre RESA (Residencias de Estudiantes S.A.) e o SUR (Sistema Universitario de Residencias). Entereime o outro día de que algo anda a bulir nas instancias superiores en canto á privatización deste servizo.


Moitas gracias. Un saúdo.

Pois non, non sabemos nada, e non é en absoluto estraño, porque tales asuntos acostuman a ser levados co máximo de discreción e sixilo a fin de non alborotar aos "conservadores" que se opoñen á privatización dos servizos públicos.

Poñémonos a buscar pola rede, sen moitas esperanzas, a ver se descubrimos algo. E isto foi o que atopamos


Tirado de Fírgoa, a quem temos que dar-lhes as graças uma vez mais polo seu grandíssimo trabalho. Um saúdo para eles. E aqui a ligaçom à notícia completa, mui mui interessante:
http://firgoa.usc.es/drupal/node/36455