terça-feira, 8 de maio de 2007

Panfleto da Assembleia de Filosofia

Este é o modelo de panfleto aprovado na última reunião.
A parte de diante:

ASSEMBLEIA DE FILOSOFIA

“Sentido” do Proceso de Boloña: da Universidade á particularidade.
No momento actual de liberalismo depredador sen cancelas nin valados no que están inseridos os Estados Unidos de Europa estase a desenvolver o Proceso de Boloña, unha liña de actuación política no ámbito da Universidade orientada a facer desta institución, máis do que está (si, é posíbel que isto vaia a pior!), un medio de produción que fabrique bens de consumo; preténdese facer do estudantado unha mercadoría pra enchérllelo peto e o bandullo aos ricos en detrimento do Pobo a quen a “Universidade pública” deberá render contas. Porque a Universidade, así e todo, hase de seguir chamando “pública” pra que o Pobo a siga a pagar. Esta é a única “publicidade” que lle queren dar os dirigentes políticos á Universidade.
Neste panorama, a institución universitaria toda e a sociedade, na medida en que se está a descompor totalmente a relación entrambas, pagarán as consecuencias. No presente máis inmediato, por orde xa anunciada no Ministerio de Educación, serán degradadas as titulacións con baixa inserción laboral a unha categoría inferior; isto supón pór o letreiro de LIQUIDACIÓN paso previo para pór o de FECHOU POR DEFUNCIÓN. Carreiras como filosofía deberán producir mercaderías que sexan rendíbeis no mundo da empresa privada. Trátase de facer do pensamento un “ben de consumo”, e como cada vegada consúmese menos pensamento porque “ten menos demanda”, a carreira de filosofía resulta non ser económicamente rendíbel pró sistema Boloña e o feche xa fede de preto no máis próximo presente.

PAREMOS ISTO ANTES DE IR AO TACHO!
PARTICIPA DA ASEMBLEA DE FILOSOFÍA CONTRA A MERCANTILIZACIÓN DO ESTUDANTADO!!



A parte trasseira:

"Tienen [as universidades] que generar riqueza de forma directa o indirecta. Si no, es que las universidades no funcionan. Y eso es así porque en la nueva economía prima el conocimiento"
Carlos Hernández Sande, director do Centro de Innovación da USC. Declaracións nos V Congreso de Universidades. Universidad: Investigación y relación con empresas. 19 e 20 de Abril de 2007.
*** *** *** *** *** *** *** ***
“Las pautas a seguir son:
1._Una mayor autonomía institucional de las universidades para fijar objetivos y estrategias.
2._Mayor capacidad ejecutiva para gestionarlas.
3._Reducción del peso de los colectivos académicos en la elección de los responsables ejecutivos principales de la universidad.
4._participación creciente de directivos externos a las universidades, con bajo perfil político, en los máximos órganos de dirección.
5._designación directa de los decanos y los directores de departamento por el rector, presidente, etc.”
[…]
"Como no parece previsible una modificación generalizada de los precios públicos de la enseñanza superior, la aportación privada debe incrementarse y esto podría hacerse a través de varias fuentes."
Informe sobre La Financiación del Sistema Universitario Español
A “Comisión de Financiación del Consejo de Coordinación de Universidades” foi o encarregado de elaborar este informe. 30 de Abril do 2007.
*** *** *** *** *** *** *** ***
Las nuevas carreras universitarias adaptadas al espacio europeo, que comenzarán a implantarse en Galicia en el curso 2008-2009, deberán cumplir una serie de objetivos e indicadores para obtener la acreditación y ser, por lo tanto, titulaciones oficiales. Uno de estos indicadores será la tasa de inserción laboral, es decir, garantizar un porcentaje de trabajo de sus titulados.El director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, José Ramón Leis, recordó que si las carreras no cumplen estos parámetros perderán la acreditación, por lo que pasarán a ser estudios de segunda. «A titulación homologada sempre vai ser máis atractiva, porque está respaldada oficialmente», indicó Leis. […]
Por áreas, Ciencias de la Salud, con un 76,5%, logra una mayor inserción, mientras que carreras como Historia, Arte o Filosofía, con un 35,5%, presentan la menor.
La Voz de Galicia, 26 de Abril de 2007.
*** *** *** *** *** *** *** ***
"Se trata de ofrecer a las empresas lo mejor de la universidad, la mejor mercancia"
O Secretario de Estado, Miguel Ángel Quintanilla. Declaracións no V Congreso de Universidades, o 19 de Abril de 2007.

Sem comentários: